Como chegar á Cidade da Cultura desde outro punto de Santiago de Compostela?

Vale, xa tes a túa entrada para a Drupalcamp 2025, xa te visualizas en Santiago de Compostela... E agora, que? Como subir á Cidade da Cultura desde o centro?

Hai varias formas de chegar tanto en autobús urbano como en taxi. Ademais, a organización facilita un bus lanzadeira á primeira hora xusto antes do comezo do evento e outro de volta ao terminar.

Autobús lanzadeira

A organización ofrece un bus lanzadeira que che levará desde puntos estratéxicos da cidade ata a Cidade da Cultura.

Proximamente publicaremos os seus horarios, roteiros e paradas. 

Autobús urbano desde o centro de Santiago

LÍÑA 9 - Luns a venres | sábados (ata as 13:30 h.)

Saídas desde Casas Novas:  

  • L-V laborables: 7:30 8:30 9:50 11:00 12:10 13:20 14:30 15:40 16:50 18:00 19:10 20:20 21:30 22:30
  • Sábados laborables: De 8:30 a 13:30 (cada 60 min.)
  • Traxecto: Casas Novas-Santa Isabel-Galeras-San Clemente-Senra-Virxe da Cerca-San Roque-Pastoriza-Avda. Rodríguez de Viguri-Fontiñas-Piscina-Multiusos Fontes do Sar-Cidade da Cultura 

Saídas desde a Cidade da Cultura:

  • L-V laborables: 8:00 9:15 10:25 11:35 12:45 13:55 15:05 16:15 17:25 18:35 19:45 20:55 22:00
  • Sábados laborables: De 9:00 a 13:00 (cada 60 min.).
  • Traxecto: Cidade da Cultura-Multiusos Fontes do Sar-Piscina-Fontiñas-Concheiros-Campo da Angustia-Rúa de Bonaval-Rúa Valle Inclán-Virxe da Cerca-Senra-San Clemente-Galeras-Santa Isabel-Casas Novas 

Máis información

E se veño desde o aeroporto?

O aeroporto de Santiago de Compostela está situado en Lavacolla, a uns 12 km da Cidade da Cultura. Aínda que non hai unha liña directa desde o aeroporto ata a Cidade da Cultura, podes facer unha combinación sinxela e moi económica usando transporte público. Para vir en autobús terás que coller líña 6A que te levará ata o centro de Santiago. Unha vez alí, xa poderás facer transbordo á liña 9.

Desde o aeroporto

LIÑA 6A - Todos os días

Saídas desde o aeroporto:  

  • Saidas desde o aeropuerto: 6:30 7:00 7:10* 7:30 8:00 8:10* 8:30 9:00 9:05* 9:30 9:55* 10:00 10:30 10:50* 11:00 11:30 11:45* 12:00 12:30 12:40* 13:00 13:30 13:35* 14:00 14:25* 14:30 15:00 15:20* 15:30 16:00 16:15* 16:30 17:00 17:10* 17:30 18:00 18:05* 18:30 18:55* 19:00 19:30 19:50* 20:00 20:30 20:45* 21:00 21:30 21:35* 22:00 22:20* 22:30 23:00 23:30 0:00 0:30
  • Traxecto: AEROPORTO - San Marcos - San Lázaro - San Caetano - Pastoriza - San Roque – Plaza de Galicia - Rúa da Rosa - Hórreo (estación intermodal)

*Lanzadeira directa (ÚNICA parada aeroporto). 

Horarios NON indicados con asterisco son os servizos con paradas.

APP maisbus

Se queres consultar información do servizo de transporte urbano en tempo real podes descargar a aplicación maisbus.

maisbus para Android              maisbus para iOS

Taxi

O taxi ofréceche maior rapidez a cambio dun prezo superior (entre 22-25€). No aeroporto poderás coller un taxi na parada dispoñible. Tamén podes encargar o servizo con antelación para non ter ningún imprevisto ou que teñas que esperar a un taxi en caso de non habelo na parada. Algúns dos servizos son:

En definitiva, se vés desde o aeroporto quizais che sexa máis cómodo un taxi. Mentres que, se xa estás polo centro da cidade, o máis recomendable sería unha das liñas de autobús que mencionamos anteriormente.

¿Quieres ser patrocinador?

Si te interesa patrocinar el evento y mostrar el apoyo de tu empresa a la comunidad Drupal, consulta nuestros paquetes de patrocinio y escríbenos a través del formulario de contacto.

Dossier de patrocinio