Guía para personas relatoras

Ofrecémosche algúns consellos (quizá algo manidos) para que a túa charla non se vexa prexudicada polas circunstancias e realmente o contido sexa o que brille:

Formato das charlas

  • As charlas estándar son as que vimos habitualmente noutras edicións.  A persoa relatora dispón de 35 minutos, 40 como máximo, para explicar e desenvolver o tema da charla.  Unha persoa voluntaria mostrarache dous avisos, un cando queden 10 minutos e outro cando queden 5 minutos.
  • Unha vez terminada a exposición, pasamos á quenda de preguntas. Disponse de 5 ou 10 minutos para responder as preguntas expostas polas persoas asistentes á charla.

Control de tempo

  • O segredo para que unha charla sexa redonda é practicar unha e outra vez. É importante que controles os tempos e a sesión se axuste á duración marcada. Unha persoa colaboradora avisarache cando falten 10 e 5 minutos.
  • É relevante que non esgotes o tempo pois as preguntas son unha das partes máis cruciais da sesión. Busca deixar tempo  para esta parte na que, moi seguro, tocarás puntos da túa charla. Con iso conseguirás enriquecer a túa intervención e gañarte ao público.
  • Mellor ir amodo e contar menos que querer abarcar todo e ser un “Correcamiños”. Menos é máis.

Estilo e deseño das diapositivas

  • A recomendación do equipo organizador é manter a liña gráfica do evento. Para isto poñemos á vosa disposición o seguinte modelo: Modelo de presentación DrupalCamp Spain 2025.
  • Limita a oito as liñas de texto por diapositiva (mellor usar dúas, que unha e non ver nin ler nada).
  • Cada liña que teña un máximo de 30 caracteres.
  • Utiliza un tamaño de 28 puntos, ou máis, e non te cortes co interlineado, que sexa xeneroso.
  • Emprega poucas palabras, pero con substancia en significado, así serán fáciles de ler e quedarán gravadas na audiencia.
  • O importante non son as diapositivas, senón a persoa relatora e todo o que vas achegar. As diapositivas son un recurso, non son a charla!
  • Se o contido require de atención, pola súa complexidade, divídeo en seccións, utiliza esquemas, desta forma poderás ampliar ou recortar a túa exposición con determinados temas que consideres que son relevantes.
  • Evita o uso de MAIÚSCULAS, complican a lectura, ocupan espazo e non resultan atractivas para quen che está escoitando. É mellor que apostes polo emprego de negriña ou cursiva… pero sen abusar. Tampouco che recomendamos o subliñado.
  • A proxección realizarase en formato 16:9 (1920×1080 píxeles).

¿Quieres ser patrocinador?

Si te interesa patrocinar el evento y mostrar el apoyo de tu empresa a la comunidad Drupal, consulta nuestros paquetes de patrocinio y escríbenos a través del formulario de contacto.

Dossier de patrocinio