DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DE SESIÓNS: 08/06/2025
Os criterios de selección baséanse nos siguientes parámetros:
VERSIÓN DO CMS
Tendo máis prioridade aqueles temas relacionados con versións máis actuais de Drupal, a prioridade en xeral é Drupal 10/11, e a continuación terase en conta Drupal 8/9.
TEMÁTICAS PROPOSTAS
- Development
- Testing
- Sistemas
- Theming
- Business
- Contributing/Mentoring
- Site Building
- Metodoloxías de traballo/Xestión de proxectos
- Marketing
- Outros
IDIOMA
A elección do idioma da presentación queda a discreción de cada relator, sendo o castelán preferencia por parte do comité organizador.
COÑECEMENTOS REQUIRIDOS
De cada sesión terase en conta se está dirixida a persoas cun perfil e coñecementos técnicos (programación, sistemas etc.)/ etc.) ou se está dirixida a calquera público.
Terase en conta se a sesión require coñecementos previos sobre Drupal, con respecto a site building, theming, desenvolvemento etc.
VARIAS SESIÓNS/TALLERES PROPOSTOS POR UNHA PERSOA
Independentemente do número de sesións propostas por cada persoa, valorarase o contido das mesmas. No caso de que unha persoa con varias sesións/talleres suxeridos obteña varias sesións/talleres aceptadas, preguntaráselle se pode preparar todo o contido. En caso afirmativo poderá impartir todo o aceptado. Se o suposto é negativo, terá que elixir, sendo 2 o número máximo de charlas e/o talleres que poderá impartir.
Valoraranse positivamente propostas que cumpran co descrito na Guía para relatores/as.
VOTACIÓN DAS CHARLAS
Contarase cun grupo de persoas con experiencia na organización e participación de eventos de Drupal e outras tecnoloxías.