Código de conduta

A DrupalCamp Spain reúne a persoas de todo o mundo que utilizan, desenvolven, deseñan e soportan a plataforma Drupal. Unha gran parte das persoas asistentes á DrupalCamp Spain adoita ser recentemente chegada á plataforma Drupal ou á comunidade.

O Código de conduta de Drupal (en inglés) esboza os nosos ideais e valores compartidos. Este documento expresa como esperamos que estes ideais sexan interpretados nas nosas conferencias e outros eventos. O noso obxectivo é asegurar que todas aquelas persoas participantes poidan compartir libre e abertamente ideas nun ambiente amigable, seguro e acolledor que fomente e inspire respecto mutuo e colaboración.

Para esta DrupalCamp Spain nomearanse algunhas persoas da comunidade para este papel de mediación.

Cando o necesitamos, buscamos axuda

Non toleramos o acoso de persoas participantes da conferencia de ningún xeito.

Se nalgún momento ocorre algunha conduta de acoso, que te violente, discrimine ou humille de calquera xeito, por favor, notifica inmediatamente a unha persoa da organización da DrupalCamp.

Así mesmo, rogamos a toda a comunidade que avise inmediatamente a unha persoa da organización se é testemuña dalgún destes comportamentos cara a outras persoas.

Para casos especialmente urxentes, comunícate con calquera destas persoas:

  • Montaña Franco: mon.franco.gq [at] gmail.com (mon[dot]franco[dot]gq[at]gmail[dot]com)
  • Oskar Calvo: calvo.oskar [at] gmail.com (calvo[dot]oskar[at]gmail[dot]com)
  • Patricia Gende: patricia.gende [at] gmail.com (patricia[dot]gende[at]gmail[dot]com)
  • Yolanda Gorriz: helloygoex [at] gmail.com (helloygoex[at]gmail[dot]com)

O equipo da DrupalCamp Spain quere que todas as persoas participantes na conferencia se sintan seguras durante todo o desenvolvemento da mesma. Se é necesario, o persoal da conferencia está facultado para tomar as accións apropiadas que poden incluír, pero non se limitan a, advertencias, expulsión da conferencia sen reembolso e remisións á seguridade do lugar ou á policía local.


Grazas por facer DrupalCamp Spain impresionante!

O Código de Conduta de Drupalcamp está licenciado baixo unha licenza de Creative Commons Attribution 3.0 Unported e está dispoñible para que outras persoas ou grupos o poidan utilizar e adaptar para os seus propios eventos.

¿Quieres ser patrocinador?

Si te interesa patrocinar el evento y mostrar el apoyo de tu empresa a la comunidad Drupal, consulta nuestros paquetes de patrocinio y escríbenos a través del formulario de contacto.

Dossier de patrocinio