Día: xoves 18 de setembro
Horario: sesións de mañá e tarde
Duración: haberá tres sesións de 4 horas e unha de 3 horas
Gratuíto ata completar aforo
20 prazas en cada sesión matutina
15 prazas en cada sesión vespertina
O xoves 18 de setembro de 2025, en paralelo ao Business Day, celebraremos tamén unha xornada dedicada exclusivamente a adestramentos técnicos e prácticos, impartidos por profesionais da comunidade. Á diferenza das sesións habituais do evento (que se levarán a cabo o venres e sábado), estas formacións terán lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) e están pensadas para profundar en temas específicos durante varias horas.
Podes consultar a continuación as formacións dispoñibles. Se desexas asistir, será necesario que te inscribas previamente.
Introdución a Drupal CMS: constrúe sitios sen saber programar
- Horario: de mañá
- Número máximo de asistentes: 20
- Número de horas: 4
- A quen está dirixido: perfís sen coñecementos de programación como creadores de contido, especialistas en márketing, xestores de sitios web e deseñadores
- Formador: Fran Gil
- Idioma: castelán
O novo Drupal CMS ten como obxectivo principal facer que Drupal sexa máis accesible e fácil de usar para unha audiencia máis ampla, incluíndo creadores de contido, especialistas en márketing, xestores de sitios web e deseñadores.
Drupal CMS inclúe unha experiencia excepcional “out-of-the-box” que permite crear e estender sitios con facilidade, mesmo a persoas usuarias sen experiencia previa en Drupal. Para iso conta cunha interface máis intuitiva e amigable e cun amplo conxunto de funcións preconfiguradas que os creadores de sitios web poden utilizar facilmente. Todo iso mantendo a mesma potencia e flexibilidade característica de Drupal, pero cunha curva de aprendizaxe menos pronunciada.
Nesta formación exploraremos as funcionalidades incluídas de base neste novo Drupal CMS e veremos como ampliar o portal con módulos e receitas adicionais. Veremos tamén as diferenzas con Drupal Core, que seguirá sendo a versión recomendada para grandes proxectos de desenvolvemento.
Para que esta formación sexa realmente práctica e se poida aproveitar ben o tempo, as persoas asistentes terán acceso a un aloxamento individual cunha preinstalación de Drupal CMS, sobre a que poderán realizar as prácticas propostas. Poderás utilizar un dos equipos dispoñibles na aula de formación ou traer o teu propio computador portátil.
Introduction to D11 Module development
- Horario: de mañá
- Número máximo de asistentes: 20
- Número de horas: 4
- A quen está dirixido: Site builders who want to start writing code
- Formador: Joeri Poesen (jpoesen) / TrainingCloud
- Idioma: Inglés
This 4 hour session is intended for people who have already built or managed at least one Drupal, are familiar with basic Drupal concepts (node, entity, block, view, taxonomy, access control, ...) and are ready to start writing their own Drupal module.
Attendees must also have good command of basic procedural PHP syntax, and be familiar with OOP concepts such ass classes, namespaces, annotations, and attributes.
During this workshop attendees will work on a real-world scenario: implement a new feature request that involves the creation or implementation of hooks, routes, controllers, forms, event subscribers, and more.
After this workshop, attendees will know how to start writing custom Drupal modules, how to structure their code, and where to find more resources.
Optimización da Calidade en Drupal con GitLab CI: Integración Continua e Tests Automatizados
- Horario: de tarde
- Número máximo de asistentes: 15
- Número de horas: 3
- A quen está dirixido: desenvolvedores, arquitectos de software e equipos de DevOps que traballan con Drupal
- Formador: Hiberus - Alejandro Arnau
- Idioma: castelán
Nesta formación, exploraremos en profundidade o poder de GitLab CI para mellorar os nosos desenvolvementos en Drupal. A integración continua é unha práctica esencial para manter a calidade e a eficiencia nos proxectos de software, e GitLab CI preséntase como unha ferramenta integral que facilita esta tarefa.
Que aprenderás nesta formación?
-
Introdución a GitLab CI: entenderemos os fundamentos de GitLab CI, incluíndo a súa arquitectura e como se configura para xestionar fluxos de integración continua.
-
Desenvolvemento de Fluxos de Integración Continua en Drupal: deseñaremos e configuraremos varios fluxos de integración continua especificamente orientados a proxectos Drupal. Aprenderás a crear jobs que se executen en resposta a diferentes eventos, tales como commits, merges e merge requests.
-
Automatización de Jobs por Eventos: implementaremos jobs que se disparen automaticamente en eventos específicos, optimizando así o proceso de desenvolvemento e asegurando unha integración máis fluída e eficaz.
-
Tests Automatizados para Garantir Calidade:
-
Tests SAST (Static Application Security Testing): configuraremos tests de seguridade de código estático para identificar vulnerabilidades nunha etapa temperá do desenvolvemento.
-
Tests de Regresión Visual: desenvolveremos fluxos de integración continua que inclúan tests de regresión visual para detectar cambios indeseados na interface de usuario.
-
Outros Tests Automatizados: exploraremos diferentes tipos de tests automatizados que nos axudarán a garantir a calidade do entregable final, minimizando erros e mellorando a eficiencia.
-
-
Mellora Continua e Feedback: analizaremos como utilizar os resultados destes tests e fluxos para mellorar continuamente a calidade dos nosos proxectos e como implementar un ciclo de feedback efectivo.
A quen está dirixida esta formación?
Dirixida a desenvolvedores, arquitectos de software e equipos de DevOps que traballan con Drupal e están interesados en mellorar as súas prácticas de integración continua. Non se requiren coñecementos avanzados previos de GitLab CI, aínda que é recomendable ter unha base no desenvolvemento con Drupal e Git.
Únete a nós e descubre como levar os teus proxectos Drupal ao seguinte nivel con fluxos de integración continua efectivos e tests automatizados con GitLab CI!
Drupal 11, programar módulos coa nova API de Hooks + arquitectura Vertical Slice
- Horario: de tarde
- Número máximo de asistentes: 15
- Número de horas: 4
- A quen está dirixido: desenvolvedores backend
- Formador: Óskar Calvo
- Idioma: castelán
Unha das novidades máis interesantes que ten Drupal 11 é que desapareceu o arquivo *.module, a forma de "invocar" os hooks nos nosos módulos cambiou.
Nesta formación de 4 horas pedirase ao alumnado que veña cun Drupal 11 instalado (mellor en ddev), e facilitaráselle unha base de datos con contido.
O que busca esta formación na parte teórica:
-
Entender a diferenza entre Hooks de tipo Info, de tipo Alter, de tipo Action.
-
O alumnado sae sabendo crear módulos de Drupal 11 coa nova API.
-
O alumnado sae coñecendo os fundamentos da arquitectura Vertical Slice.
O que busca esta formación na parte práctica:
-
Aprender a descubrir que hooks existen para ser usados.
-
Aprender a usar hooks en Drupal 11.
-
Aprender a crear hooks propios en Drupal 11.