Sabemos que estamos no extremo máis occidental de Europa, onde xa os romanos situaban o fin do mundo. E oe, quizais non lles faltaba razón: aquí acábase unha parte do mapa… pero empezan as boas historias!
Será este final o principio de algo grande? Pois claro que si: DrupalCamp Spain 2025 espérate cos brazos abertos (e con polbo, empanada e moitas ganas de compartir código). Aínda que esteamos nesta esquiniña da península, afortunadamente as nosas comunicacións melloraron e hai opcións variadas para chegar a Compostela sen necesidade de cargar cunha mochila de 12 quilos ás costas e facer bochas nos pés. Aquí contámosche como lanzarte a esta aventura sen perderche polo camiño.
A estación de tren de Santiago está situada en pleno centro da cidade, a poucos minutos a pé do centro histórico e das principais áreas hostaleiras. E unha boa noticia, as vías de alta velocidade xa chegan a Galicia. En trens AVE e Avlo (o servizo ferroviario de alta velocidade de baixo custo) poderás chegar a Santiago desde diferentes cidades españolas.
- Longo percorrido: trens diarios directos enlazan con Madrid, Vitoria ou Barcelona. A través dun único transbordo, pódese acceder diariamente desde cidades como Bilbao, Alacante ou Sevilla, desde todos os destinos nacionais de importancia e mesmo desde puntos de Francia e Portugal.
- Un dato, desde Madrid en 3 horas estarás en Santiago.
- Rexionais: aproximadamente cada hora existen conexións cos principais destinos en Galicia: A Coruña, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo, con ligazóns a Portugal. A conexión é continua con Ourense.
- Transcantábrico: se es de vida contemplativa, existe un tren panorámico desde San Sebastián ata Santiago de Compostela, percorrendo o norte e noroeste de España. Poderás ler as obras completas de Emilia Pardo Bazán parándote a subliñar e tomar notas.
Se a túa idea de peregrinación a Santiago inclúe aire acondicionado e vistas ás nubes, estás de sorte. A cidade conta cun aeroporto internacional, o Santiago-Rosalía de Castro, si, como nosa célebre poetisa. Está ben conectado coas principais cidades españolas e con destinos europeos.
- Nel operan 7 compañías: Air Nostrum, Iberia, Vueling, Ryanair, Lufthansa, Aer Lingus e Easyjet Europe.
- Conexións nacionais: Madrid, Barcelona, Bilbao, Málaga, Sevilla, Alacante, Valencia, Tenerife, Gran Canaria, Lanzarote, Forteventura, Zaragoza, Palma de Mallorca e Bilbao.
- Conexións internacionais: Dublín, Londres, París, Florencia, Bruxelas, Basel, Xenebra, Frankfurt e Memmingen.
O aeroporto está situado en Lavacolla, a uns 12 km da Cidade da Cultura, aproximadamente 15 minutos en coche. Unha vez no aeroporto, hai varias opcións para chegar á cidade:
- Autobús urbano: Línea 6A (Aeroporto – Santiago). Desde as 6:30 ata as 00:30 cada 15´. Precio aproximado de 1€.
- Taxi: Precio aproximado: 23€ (Radio-Taxi: 981 56 92 92, Tele-Taxi: 981 94 33 33 ou Taxi en Compostela: 662 08 20 69).
- Tamén dispoñibles transfers privados e compañías VTC, así como aluguer de vehículos no aeropuerto.
Para aquelas persoas que prefiren terra firme e fans de El autobús atómico tamén existen posibilidades. A estación de autobuses está integrada na estación Intermodal, xunto á de tren, en pleno centro da cidade.
Rutas de longa distancia:
- Mediante Alsa hai conexións con Madrid, Xijón, Bilbao, Irún, Zamora, Salamanca, Cáceres, Sevilla, Cádiz, Alxeciras, Portugal, Alemaña, Bélxica, Francia ou Suíza.
- Mediante Socitransa hai conexións con Francia, Gran Bretaña, Irlanda ou Italia.
- Mediante Flixbus hai conexións con Francia, Italia ou Alemaña.
A principal operadora para destinos en Galicia é Monbus, con conexións cos principais núcleos da comunidade.
Gústache conducir? Pois xa tes a escusa perfecta para facer un roadtrip exprés. Iso si, polo ben do planeta recomendámosche que compartas coche, a viaxe será máis entretida e aforrarás gastos.
Santiago está ben conectada por estrada con outras comunidades autónomas e con Portugal mediante unha rede de autovías e autoestradas.
Principais vías de acceso:
- Autovía do Noroeste (A-6), que comunica Galicia co resto de España a través da provincia de Lugo.
- Autovía do Cantábrico (A-8), que conecta Galicia con Francia a través da costa cantábrica.
- Autovía das Rías Baixas (A-52), que comunica Galicia co resto de España a través da provincia de Ourense.
- Autoestrada do Atlántico (AP-9), que comunica Galicia de norte a sur con Portugal.