Apúntate para axudar como persoa voluntaria na DrupalCamp

Con todo o equipo de voluntariado farase unha reunión para organizar as quendas e tarefas a levar a cabo durante a Camp.

Actividades dos voluntarios e as voluntarias:

  • O voluntariado está nas salas, controla o tempo, avisando cando faltan 15 minutos, 10 minutos..., asegurándose así de que se cumpra o horario previsto e as charlas empecen e terminen á súa hora.
  • O voluntariado está na mesa de recepción, o primeiro día entregando a acreditación, e logo informando tamén ante calquera dúbida das persoas asistentes.
  • O voluntariado axuda con imprevistos, xa sexa ir por unha tira de enchufes, alicatar unha parede 😜 ou resolver unha issue do core que leva tempo dando guerra.
Slots para colaborar

Como chego á Camp?

Doado: súbete ao bus lanzadeira e en nada estás na Cidade da Cultura. De balde, cómodo e sen complicacións. ¡Vémonos alí!

Quero saber máis