Equipo local
Carlos Busto Capeáns
Informático de profesión e amante do tempo libre. Apaixonado da fotografía, a cultura vinícola e a repostería.
Daniel Loureiro Canabal
Desenvolvedor web fullstack e curioso tecnolóxico. Sempre con música soando.
Esmeralda López Castro
Especializada en escoitar, interpretar e transformar visións en mensaxes que conectan. Apaixonada da fotografía e as boas historias.
Eugenio Cancelas Tomé
Desenvolvedor web. No meu tempo libre desfruto da música e a natureza.
Eva María Iglesias Febreiro
Xestión de proxectos e desenvolvemento de software, sempre buscando solucións eficientes.
Juan Fernández-Ventura Pazos
Captación, xestión e retención do talento para a empresa. Unha nova forma de entender os recursos humanos poñendo o foco nas persoas. Aprendendo cada día, tentando mellorar e achegar valor á miña empresa.
Patricia Gende Rial
Con Drupal levo uns anos "xogando" a construír solucións. Encántame a boa comida, viaxar e gozar do mar.
Tamara Castro Laplaña
Deseñadora de produto centrada en facer máis fácil e accesibles as novas tecnoloxías para todo o mundo. Urban sketcher no seu tempo libre.
Tomás Vilariño Fidalgo
Traballo en proxectos con Drupal, Java/Spring, GNU/Linux e nube de Azure. Entusiasta do Free/Libre Software.
Equipo nacional
AED
A Asociación Española de Drupal é a entidade impulsora deste evento e cada edición colabora en todos os aspectos da súa organización como principal apoio do equipo local.
Rafael Verde Penas
Apaixonado polo comercio internacional e a tecnoloxía, especializado en exportacións e desenvolvemento de aplicacións web con Drupal. Sempre listo para levar proxectos a calquera recuncho do mundo!