Data e hora
Día: venres 19/09 e sábado 20/09
Hora: 16:00
Duración: aprox. 45 minutos
Punto de encontro
Punto de información do Museo Centro Gaiás
Inscrición
De balde, aínda que é necesario realizar a inscrición no formulario.
Apetéceche descubrir a arquitectura contemporánea máis sorprendente de Galicia?
En paralelo aos tracks das charlas da DrupalCamp, propoñémosche unha visita guiada gratuíta ás 16:00 h, ambos os días do evento.
Mergúllate na visión arquitectónica de Peter Eisenman, autor do complexo da Cidade da Cultura, situado no alto do monte Gaiás, en Santiago de Compostela.
Quen pode vir?
Poden anotarse tanto asistentes á DrupalCamp como os seus acompañantes.

- A impresionante fachada acristalada —case 43 m de altura— do Museo Centro Gaiás.
- Unha interpretación visual do diálogo entre trazos, volumes e forma no conxunto arquitectónico.
- A monumental praza central, os extensos espazos verdes e panorámicas únicas de Santiago desde esta atalaia de arte e natureza.