Que é a DrupalCamp?
A DrupalCamp Spain reúne tanto a grandes especialistas do desenvolvo web como a persoas que queren ampliar o seu coñecemento ou simplemente coñecer a ferramenta.
O obxectivo da DrupalCamp Spain é promover o uso de Drupal e ser un punto de encontro para a comunidade española.
Ao longo dos anos celebrouse en diversas cidades españolas, consolidándose como un referente no ámbito de Drupal no país.
Cada edición da DrupalCamp contribuíu ao crecemento e fortalecemento da comunidade Drupal, ofrecendo espazos para a aprendizaxe, a colaboración e o networking entre profesionais e entusiastas da plataforma.

- Charlas e relatorios: especialistas da comunidade de Drupal e persoas relatoras convidadas comparten os seus coñecementos sobre temas diversos, desde o desenvolvemento ata o deseño e a xestión de proxectos.
- Talleres prácticos: sesións interactivas onde podes aprender habilidades prácticas e técnicas de Drupal.
- Sesións de networking: espazos para coñecer e conectar con outras persoas da comunidade de Drupal, permitindo a creación de contactos valiosos.
- Sprints de contribución: actividades para contribuír ao proxecto Drupal, traballando en conxunto para mellorar o software.
- Eventos sociais: oportunidades para relaxarse e socializar con outras persoas asistentes nun ambiente máis informal.
A DrupalCamp é máis que un simple evento técnico, é unha oportunidade para:
Aprender e mellorar as túas habilidades: xa sexas principiante ou especialista, sempre hai algo novo que aprender nunha DrupalCamp.
Facer medrar a túa rede profesional: coñecer a outras persoas na industria pode abrir portas a novas oportunidades laborais ou colaboracións.
Contribuír á comunidade: se tes interese en devolver algo á comunidade de Drupal, a DrupalCamp bríndache a oportunidade de involucrarse e colaborar.
Actualizarte: Drupal é un sistema en constante evolución e asistir á DrupalCamp axúdache a manterte ao tanto das últimas tendencias e desenvolvementos.
A DrupalCamp é un evento ideal e diverso para calquera persoa interesada en Drupal, ofrecendo unha combinación única de aprendizaxe, comunidade e diversión.
A DrupalCamp de España adoita durar tres días que están organizados así:
Día 1
Business Day: é un espazo de encontro no que se ofrece Drupal como solución tecnolóxica para axudar aos negocios para alcanzar os seus obxectivos. Tamén é unha xornada na que se comparten experiencias, visións e formas de traballar. É unha xornada orientada a perfís de negocio e xestión.
Formación: realízanse actividades formativas habitualmente dedicadas non só a nivel introdutorio senón tamén avanzado e sobre elementos especializados relacionados con Drupal.
Días 2 e 3
Talleres e charlas: durante estes días teñen lugar charlas de múltiples temáticas (Front-end, Back-end, DevOps, usabilidade, deseño, accesibilidade, seguridade, xestión, site building etc.)/ etc.), ademais de talleres sobre desenvolvemento e uso de Drupal.
Eventos de networking: así mesmo, existen varias oportunidades para conectar con outras persoas interesadas en temas relacionados con Drupal, ademais de ser unha oportunidade excelente para coñecer profesionais Drupal a nivel nacional e internacional.
A comunidade española de Drupal organizou os seguintes eventos aos que asistiron unhas 300 persoas cada ano:
- DrupalCamp Spain 2024 en Benidorm
- DrupalCamp Spain 2023 en Sevilla
- DrupalCamp Spain 2022 en Zaragoza
- Drupal Day 2019 en Zaragoza
- DrupalCamp Spain 2019 en Conil de la Frontera
- DrupalCamp Spain 2018 en Alicante
- Drupal Day 2017 en Cáceres
- DrupalCamp Spain 2017 en Madrid
- Drupal Day 2016 en Santiago de Compostela
- DrupalCamp Spain 2016 en Granada
- Drupal Day 2015 en Murcia
- DrupalCamp Spain 2015 en Jerez de la Frontera
- Drupal Day 2014 en Bilbao
- DrupalCamp Spain 2014 en Valencia
- DrupalCamp Spain 2013 en Cáceres
- Drupal Day 2013 en Santander
- DrupalCamp Spain 2012 en Madrid
- Drupal Day 2012 en Valencia
- DrupalCamp Spain 2011 en Sevilla
- Drupal Day 2011 en Barcelona
- DrupalCamp Spain 2010 en Barcelona